17 de agosto, en memoria de Alexandre Bóveda

El Secretario General de Inmigración y Emigración de España se reunirá con la Junta Directiva del CGBA
17 agosto, 2018
Becas Retorno para Formación Profesional en Galicia
24 agosto, 2018

17 de agosto, en memoria de Alexandre Bóveda

O 17 de agosto é a data na que se lembra o asasinato do mestre galeguista

Os seus contemporáneos reivindicaron a súa figura con numerosas creacións artísticas e literarias. Entre elas, o insigne cadro A derradeira leición do mestre, pintado por Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e que pode verse no salón co seu nome que o Centro Galicia de Bos Aires ten no seu terceiro andar da Sede Social na Capital Arxentina. A pintura, convertida en icona dunha época e da loita do pobo galego pola liberdade e a democracia, é a orixinal feita a partir da estampa número seis do libro Galicia Mártir. O tema do mestre asasinado é un dos máis frecuentes da Guerra Civil Española. Iconograficamente responde ao vello tema do encadramento do lamento ante o corpo de Cristo. A derradeira lección do mestre é, precisamente, sacrificarse ata conseguir o martirio por ensinar aos demais. Na composición obsérvase un violento escorzo da figura do mestre e unha disposición e xestos de dor reprimido dos nenos. Castelao pintou esta obra de grandes dimensións especialmente para a conmemoración do noveno aniversario do fusilamento de Alexandre Bóveda, realizado no Salón de Actos do Centro Ourensano de Bos Aires o 17 de agosto de 1945.

Así mesmo, celébrase o 81º aniversario da publicación de Galiza Mártir e Atila en Galicia, estampas por Castelao, que están dispoñibles para consulta pública na biblioteca Rosalía de Castro do Centro Galicia.

Atila en Galicia. Estampas por Castelao foi editado en Valencia en xullo de 1937. De Galicia Mártir. Estampas por Castelao, contamos con varias edicións orixinais. Unha de Valencia, 1937, en galego, castelán, francés e inglés. Outras dúas editadas na Arxentina en 1937 polo Comité Ayuda al Gobierno Español del Frente Popular, Buenos Aires, distribuído por La Nueva España a total beneficio del Gobierno Español del Frente Popular e outra en Rosario (Santa Fe) en 1945 con poemas de Hernán Gómez.

Precisamente, a esta colección de estampas pertence a pintura de Castelao A derradeira lección do mestre.

O Centro Galicia conserva dita obra como herdanza do patrimonio xerado na Galicia Ideal albiscada por Castelao para a memoria dos galegas e galegos do mundo. A derradeira leición do mestre está dispoñible para a visita ao público en xeral, previa combinación de data coa institución porque é o mellor xeito de custodiala e velar pola súa seguridade.

Entendemos que un dos mellores tributos que podemos facer á figura de Bóveda é conservar o patrimonio cultural referido á data que se conmemora para achegalo ás xeracións futuras.

Este emblemático cadro viaxará a Galicia por primeira vez para participar na exposición Castelao Maxistral que se inagurará na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela o vindeiro 5 de outubro, grazas ao acordo de préstamo gratuíto asinado entre o Centro Galicia de Bos Aires e a Xunta de Galicia.


17 de agosto, en memoria de Alexandre Bóveda

Es la fecha en la que se recuerda el asesinato del maestro galeguista

Sus contemporáneos reivindicaron su figura con numerosas creaciones artísticas y literarias. Entre ellas, el insigne cuadro A derradeira leición do mestre, pintado por Alfonso Daniel Rodríguez Castelao y que puede verse en el salón con su nombre que el Centro Galicia de Buenos Aires tiene en el tercer piso de la sede social en la capital argentina. La pintura, convertida en un icono de una época y de la lucha del pueblo gallego por la libertad y la democracia, es la original hecha a partir de la estampa número seis del libro Galicia Mártir. El tema del maestro asesinado es uno de los más frecuentes de la Guerra Civil Española. Iconográficamente responde al viejo tema del encuadramiento del lamento ante el cuerpo de Cristo.  A derradeira leición do mestre es precisamente, sacrificarse hasta conseguir el martirio por enseñar a los demás.

En la composición se observa un violento escorzo de la figura del maestro y una disposición y gestos de dolor reprimido de los niños. Castelao pintó esta obra de grandes dimensiones especialmente para la conmemoración del noveno aniversario del fusilamiento de Alexandre Bóveda, realizado en el Salón de Actos del Centro Ourensano de Buenos Aires el 17 de agosto de 1945.

Asimismo, se celebra el 81º aniversario de la publicación de Galicia Mártir y Atila en Galicia, estampas por Castelao, que están disponibles para la consulta pública en la biblioteca Rosalía de Castro del Centro Galicia.

Atila en Galicia. Estampas por Castelao fue editado en Valencia en julio de 1937. De Galicia Mártir. Estampas por Castelao, contamos con varias ediciones originales. Una de Valencia, 1937, en gallego, castellano, francés e inglés. Otras dos editadas en Argentina en 1937 por el Comité de Ayuda al Gobierno Español del Frente Popular, Buenos Aires, distribuido por la Nueva España a total beneficio del Gobierno Español del Frente Popular y otra en Rosario  (Santa Fe) en 1945 con poemas de Hernán Gómez.

Precisamente, a esta colección de estampas pertenece la pintura de Castelao A derradeira lección do mestre.

El Centro Galicia conserva dicha obra como herencia del patrimonio generado en la Galicia Ideal vislumbrada por Castelao para la memoria de las gallegas y los gallegos del mundo.

A derradeira leición do mestre está disponible para la visita al público en general, previa combinación de fechas con la institución porque es la mejor manera de custodiarla y velar por su seguridad.

Entedemos que uno de los mejores tributos que podemos hacer a la figura de Bóveda es conservar el patrimonio cultural referido a la fecha que se conmemora para acercarlo a las generaciones futuras.

Este emblemático cuadro viajará a Galicia por primera vez para participar en la exposición Castelao Maxistral que se inagurará en la Ciudad de la Cultura de Santiago de Compostela el próximo 5 de octubre, gracias al acuerdo de préstamo gratuito firmado entre el Centro Galicia de Buenos Aires y la Xunta de Galicia.