Firma do acordo para expoñer por vez primeira en Galicia ‘A derradeira leición do mestre’ de Castelao

III Concurso “Balbino” de Relatos
8 febrero, 2018
Fallece el Ex Presidente del Centro Galicia Agustín Diz Portabales
23 febrero, 2018

Firma do acordo para expoñer por vez primeira en Galicia ‘A derradeira leición do mestre’ de Castelao

  • O presidente do Centro Galicia de Bos Aires asegura que contemplar este cadro é “tomar conciencia da aportación dos galegos da emigración á nosa cultura”
  • O conselleiro de Cultura presenta a viaxe desta obra como “un recoñecemento a Castelao” e “unha homenaxe á Galicia da diáspora”
  • O Consello da Cultura, a Real Academia Galega, a Real Academia de Belas Artes e a Fundación Castelao arrouparon a firma deste acordo
  • O óleo exhibirase en outono na Cidade da Cultura na exposición ‘Castelao Maxistral’, comisariada por Miguel Anxo Seixas

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2018

O Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González, e o presidente do Centro Galicia de Bos Aires, José María Vila Alén, asinaron esta mañá un acordo en virtude do cal o cadro A derradeira leición do mestre, unha das obras máis senlleiras pintadas por Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, sairá por primeira vez de Arxentina para ser exhibida en Galicia.

A cesión brindará aos galegos a oportunidade de contemplar este óleo no marco dunha exposición temporal titulada Castelao Maxistral que se organizará na Cidade da Cultura o próximo outono. A mostra estará comisariada por Miguel Anxo Seixas, vicepresidente da Fundación Castelao e que vén de presentar a súa tese de doutoramento, un dos traballos de investigación máis completos sobre o intelectual e artista de Rianxo.

O conselleiro de Cultura presentou a viaxe da obra a Galicia como “unha mostra de recoñecemento a un dos autores máis universais e que máis fixeron na defensa da nosa cultura e da nosa identidade colectiva como pobo”, e destacou o forte contido simbólico do cadro no que Castelao retratou a imaxe dun mestre asasinado diante de dous rapaces que se laian conmocionados.

“Este cadro é unha referencia persoal e afectiva para moitas xeracións, que desde a emigración ou permanecendo na terra, sufriron a dureza dunha guerra e dunha represión que deixaron fonda pegada no noso imaxinario colectivo”, asegurou Román Rodríguez, subliñando que traer esta obra significa unha “reconciliación con ese pasado”.

Homenaxe aos mestres

Lembrado o papel xogado polos galegos da diáspora no impulso da educación en Galicia, financiando centros escolares desde o exterior, o titular de Cultura destacou tamén a “homenaxe á educación” que representa a obra de Castelao.

O conselleiro fixo tamén fincapé en que esta exposición reivindica un concepto de galeguidade que transcende o territorio e dirixe a nosa atención sobre o rico patrimonio cultural que se produciu na Arxentina e en tantos outros países onde se estableceron comunidades de galegos emigrantes.

Nese senso, Román Rodríguez expresou o seu agradecemento ao Centro Galicia de Bos aires pola súa xenerosidade, e o seu recoñecemento “polo traballo incansable pola expansión da nosa cultura durante moitas décadas” .

Galicia da diáspora

Pola súa banda, José María Vila Alén manifestou que o Centro Galicia de Bos Aires “é custodio, pero a obra pertence a toda emigración, e a todos os galegos da Terra e do Mundo”. “É moi importante que os galegos da Terra comprendan o que fixo e fai a emigración e que esa emigración forma parte desa Galicia Universal”, engadiu, destacando que o feito de contemplar o cadro de Castelao é xa “unha toma de conciencia” da contribución da Galicia da diáspora ao patrimonio cultural e artístico de Galicia.

Nun xesto que acredita a transcendencia para Galicia da chegada desta obra, o texto do convenio foi asinado tamén polos presidentes da Real Academia Galega, Víctor Fernández Freixanes, e do Consello da Cultura, Ramón Villares. Sumáronse á firma o secretario do Centro Galicia de Bos Aires, Cristian Moares, e Víctor Manuel Vázquez Portomeñe, en calidade de Membro de Honra do Centro Galicia.

O acto contou coa presenza do secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, do presidente da Fundación Castelao, Carlos Mella, do presidente da Real Academia de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo, así como de Francisco Javier Baltar Tojo, membro do padroado da Fundación Bibliófilos Galegos, e da directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez Reboredo.

O acordo prodúcese despois dunha negociación que iniciou o conselleiro de Cultura, durante a súa viaxe a Bos Aires con motivo da última edición da Feira do Libro. A Xunta, a través da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, está a precisar agora as condicións técnicas deste préstamo co fin de conseguir que o traslado desde a Arxentina se realice coas maiores condicións de seguridade e baixo os estándares profesionais máis elevados.

Nota de prensa oficial da Xunta de Galicia

Firma del acuerdo para exponer por primera vez en Galicia ‘A derradeira leición do mestre’ de Castelao

  • El presidente del Centro Galicia de Buenos Aires asegura que “contemplar este cuadro es tomar conciencia de la aportación de los gallegos de la emigración a nuestra cultura”
  • El conselleiro de Cultura presenta el viaje de esta obra como “un reconocimiento a Castelao” y un “homenaje a la Galicia de la diáspora”
  • El Consello da Cultura, la Real Academia Gallega, la Real Academia de Bellas Artes y la Fundación Castelao arroparon la firma de este acuerdo
  • El óleo se exhibirá en otoño en la Cidade da Cultura en la exposición ‘Castelao Magistral’, comisariada por Miguel Ángel Seixas

Santiago de Compostela, 16 de febrero de 2018

El conselleiro de Cultura, Educación y Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González, y el presidente del Centro Galicia de Buenos Aires, José María Vila Alén, firmaron esta mañana un acuerdo en virtud del cual el cuadro A derradeira leición do mestre, una de las obras más singulares pintadas por Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, saldrá por primera vez de Argentina para ser exhibida en Galicia.

La cesión brindará a los gallegos la oportunidad de contemplar este óleo en el marco de una exposición temporal titulada Castelao Magistral que se organizará en la Cidade da Cultura el próximo otoño. La muestra estará comisariada por Miguel Ángel Seixas, vicepresidente de la Fundación Castelao y que viene de presentar su tesis de doctorado, uno de los trabajos de investigación más completos sobre el intelectual y artista de Rianxo.

El conselleiro de Cultura presentó el viaje de la obra a Galicia como “una muestra de reconocimiento a uno de los autores más universales y que más hicieron en la defensa de nuestra cultura y de nuestra identidad colectiva como pueblo”, y destacó el fuerte contenido simbólico del cuadro en el que Castelao retrató la imagen de un maestro asesinado delante de dos chavales que se lamentan conmocionados.

“Este cuadro es una referencia personal y afectiva para muchas generaciones, que desde la emigración o permaneciendo en la tierra, sufrieron la dureza de una guerra y de una represión que dejaron honda huella en nuestro imaginario colectivo”, aseguró Román Rodríguez, subrayando que traer esta obra significa una “reconciliación con ese pasado”.

Homenaje a los maestros

Recordado el papel jugado por los gallegos de la diáspora en el impulso de la educación en Galicia, financiando centros escolares desde lo exterior, el titular de Cultura destacó también el “homenaje a la educación” que representa la obra de Castelao.

El conselleiro hizo también hincapié en que esta exposición reivindica un concepto de galleguidad que trasciende el territorio y dirige nuestra atención sobre el rico patrimonio cultural que se produjo en la Argentina y en tantos otros países donde se establecieron comunidades de gallegos emigrantes.

En ese sentido, Román Rodríguez expresó su agradecimiento al Centro Galicia de Buenos aires por su generosidad, y su reconocimiento “por el trabajo incansable por la expansión de nuestra cultura durante muchas décadas” .

Galicia de la diáspora

Por su parte, José María Vila Alén manifestó que el Centro Galicia de Buenos Aires “es custodio, pero la obra pertenece a toda la emigración, y a todos los gallegos de la tierra y del Mundo”. “Es muy importante que los gallegos de la tierra comprendan lo que hizo y hace la emigración y que esa emigración forma parte de esa Galicia Universal”, añadió, destacando que el hecho de contemplar el cuadro de Castelao es ya “una toma de conciencia” de la contribución de la Galicia de la diáspora al patrimonio cultural y artístico de Galicia.

En un gesto que acredita la trascendencia para Galicia de la llegada de esta obra, el texto del convenio fue firmado también por los presidentes de la Real Academia Gallega, Víctor Fernández Freixanes, y del Consello da Cultura, Ramón Villares. Se sumaron a la firma el secretario del Centro Galicia de Buenos Aires, Cristian Moares, y Víctor Manuel Vázquez Portomeñe, en calidad de Miembro de Honra del Centro Galicia.

El acto contó con la presencia del secretario general de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, del secretario general de Política Lingüística, Valentín García, del presidente de la Fundación Castelao, Carlos Mella, del presidente de la Real Academia de Bellas Artes, Manuel Quintana Martelo, así como de Francisco Javier Baltar Tojo, miembro del patronato de la Fundación Bibliófilos Gallegos, y de la directora-gerente de la Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez Reboredo.

El acuerdo se produce después de una negociación que inició el conselleiro de Cultura, durante su viaje a Buenos Aires con motivo de la última edición de la Feria del Libro. La Xunta, a través de la Fundación Cidade da Cultura de Galicia, está precisando ahora las condiciones técnicas de este préstamelo con el fin de conseguir que el traslado desde la Argentina se realice con las mayores condiciones de seguridad y bajo los estándares profesionales más elevados.

Nota de prensa oficial de la Xunta de Galicia