O CENTRO GALICIA DE BOS AIRES TRABALLA PARA PROMOVER E DIVULGAR A CULTURA DA GALICIA UNIVERSAL

Feliz Navidad y próspero Año Nuevo
14 diciembre, 2017
Quinto Campus Mixto de Básquet del 23 al 25 de febrero
7 febrero, 2018

O CENTRO GALICIA DE BOS AIRES TRABALLA PARA PROMOVER E DIVULGAR A CULTURA DA GALICIA UNIVERSAL

Avanza nas xestións para ceder temporalmente a pintura “A derradeira leición do mestre” de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao para unha exposición na Cidade da Cultura

Bos Aires, 18 de xaneiro de 2017. O Centro Galicia de Bos Aires está a desenvolver as xestións necesarias para que o cadro “A derradeira leición do mestre” de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao poda verse na Cidade da Cultura de Galicia durante uns meses durante o último cuadrimestre do ano, de acordo co compromiso adquirido co Conselleiro de Cultura do Goberno Galego, Román Rodríguez González, durante a súa visita á capital arxentina a principios de 2017.  O préstamo sería por seis meses e depende da autorización das autoridades arxentinas para a saída transitoria do país.

Esta iniciativa enmárcase no traballo do Centro Galicia de Bos Aires a prol da defensa e da divulgación da identidade e a cultura de Galicia e da realidade dos seus cidadáns asentados en Arxentina, como parte dunha comunidade máis ampla que conforma unha Galicia Universal. Nesta liña, hai coincidencia co Conselleiro Román González Rodríguez a importancia de achegar a través desta pintura emblemática a realidade dos galegos que viven no exterior, considerando o patrimonio da emigración, parte fundamental e indisoluble do acervo cultural do pobo galego.

Afonso Daniel Rodríguez Castelao pintou e doou esta obra de grandes dimensións especialmente para a conmemoración do noveno aniversario do fusilamento de Alexandre Bóveda, realizado no Salón de Actos do Centro Orensano de Bos Aires o 17 de agosto de 1945. Esa é unha das entidades que deron orixe ao Centro Galicia de Bos Aires e hoxe forma parte do seu patrimonio indiscutible. A obra, xunto con outros elementos persoais de Castelao como a súa mesa de traballo, a súa máquina de escribir, unha  máscara mortuoria e outros documentos persoais poden verse no salón co seu nome que o Centro Galicia de Bos Aires ten no seu terceiro andar da Sede Social na capital arxentina.

Icona da nosa identidade

A pintura, convertida en icona dunha época e da loita do pobo galego pola liberdade e a democracia, é a orixinal feita a partir da estampa número seis do libro “Galicia Mártir”. O tema do mestre asasinado é un dos máis frecuentes da Guerra Civil española. Iconograficamente responde ao vello tema do encadramento do lamento ante o corpo de Cristo. A derradeira lección do mestre é, precisamente, sacrificarse ata conseguir o martirio por ensinar aos demais. Na composición obsérvase un violento escorzo da figura do mestre e unha disposición e xestos de dor reprimido dos nenos.

O Centro Galicia de Bos Aires conserva dita obra como herdanza do patrimonio xerado na Galicia Ideal albiscada por Castelao para a memoria das galegas e galegos do mundo e como bandeira dunha identidade propia que, desde unha mirada poliédrica, inclúa a historia, a perspectiva e a realidade da diáspora que non da as costas ás súas orixes nin esquece os seus costumes, que os fai convivir e os incorpora aos das nación que os acollen.

“A derradeira leición do mestre” está dispoñible para a visita ao público en xeral, previa combinación de data coa institución, porque é o mellor xeito de custodiala e velar pola súa seguridade e conservar o patrimonio cultural coa referencia ao seu tempo para achegalo ás xeracións futuras co seu valor intacto.

Centro Galicia de Bos Aires

O Centro Galicia de Bos Aires é unha entidade civil sen fins de lucro xurdida o 25 de xullo de 1979 pola valente decisión dun grupo de dirixentes que soubo ver na fusión da Asociación Gallega de Buenos Aires (Centros Coruñés e Pontevedrés), o Centro Lucense e o Centro Orensano o futuro próspero que hoxe transita. É unha entidade que naceu coa consigna fundamental de unir os esforzos da colectividade galega en Arxentina e sumar a un país que os acolleu cos brazos abertos e co que medran a diario.

Con máis de 9.000 socios, o Centro Galicia conta, na Cidade Autónoma de Bos Aires, cun edificio de uns de 14.000 metros cadrados nos que funcionan a Galería de Arte Luis Seoane, cun teatro con arredor de 300 butacas na Sala Valle Inclán, a Biblioteca Rosalía de Castro aberta ao público en xeral, un ximnasio con piscina e o colexio galego do país austral, o Instituto Arxentino-Galego Santiago Apóstolo, que imparte ensinanza en galego, castelán e inglés desde nivel inicial ata Bacharelato a máis de 500 alumnos, xestionado coa Xunta de Galicia a través da Fundación Galicia América. Tamén posúe o Campo Galicia, un predio de dez hectáreas na localidade de Olivos, na Provincia de Bos Aires. En ambas sedes, desenvólvense actividades culturais como clases de música e danzas galegas, españolas e arxentinas, distintas disciplinas deportivas e se realizan eventos sociais e culturais que son referencia tanto na colectividade española do país como na sociedade arxentina.

Ademais deste cadro de Castelao, o Centro Galicia de Bos Aires posúe unha rica pinacoteca con firmas como Seoane, Laxeiro e Colmeiro, entre outros.

 


EL Centro Galicia de BUENOs Aires trabaJa para promover Y divulgar La Cultura dE La Galicia universal

Avanza en las gestiones para la cesión temporal de la pintura “A derradeira leición do mestre” de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao para una exposición en la Ciudad de la Cultura

Buenos Aires, 18 de enero de 2017. El Centro Galicia de Buenos Aires está realizando las gestiones necesarias para que el cuadro “A derradeira leición do mestre” de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao pueda verse en la Ciudad de la Cultura de Galicia durante el último cuatrimestre del año, de acuerdon con el compromiso adquirido con el Conselleiro de Cultura del Gobierno Gallego, Román Rodríguez González, durante su visita a la capital argentina a principios de 2017. El préstamo sería por seis meses y depende de la autorización de las autoridades argentinas para la salida transitoria del país.

Esta iniciativa se enmarca en el trabajo del Centro Galicia de Buenos Aires a favor de la defensa y la divulgación de la identidad y la Cultura de Galicia y de la realidad de sus ciudadanos asentados en Argentina, como parte de una comunidad más amplia que conforma una Galicia Universal. En esta línea, coincide con el Conselleiro Román González Rodríguez en la importancia de acercar, a través de esa pintura emblemática, la realidad de los gallegos que viven en el exterior, considerando el patrimonio de la emigración parte fundamental e indisoluble del acervo cultural del pueblo gallego.

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao pintó y donó esta obra de grandes dimensiones especialmente para la conmemoración del noveno aniversario del fusilamiento de Alexandre Bóveda, realizado en el Salón de Actos del  Centro Orensano de Buenos Aires el 17 de agosto de 1945. Esa es una de las entidades que dieron origen al Centro Galicia de Buenos Aires y el cuadro forma parte hoy de su patrimonio indiscutible. La obra, junto con otros elementos personales de Castelao como su mesa de trabajo, su máquina de escribir, una máscara mortuoria y otros documentos personales pueden verse en el salón con su nombre en el tercer piso de la Sede Social en la capital argentina.

Ícono de nuestra identidad

La pintura, convertida en ícono de una época y de la lucha del pueblo gallego por la libertad y la democracia, es la original hecha a partir de la estampa número seis del libro “Galicia Mártir”. El tema del maestro asesinado es uno de los más frecuentes de la Guerra Civil española. Iconográficamente responde al viejo tema del encuadramiento del lamento ante el cuerpo de Cristo. La última lección del maestro es, precisamente, sacrificarse hasta conseguir el martirio por enseñar a los demás. En la composición se observar un violento escorzo de la figura del maestro y una disposición e gestos de dolor reprimido de los niños.

El Centro Galicia de Buenos Aires conserva dicha obra como herencia del patrimonio generado en la Galicia Ideal divisada por Castelao para la memoria de las gallegas y gallegos del mundo y como bandera de una identidad propia que, desde una mirada poliédrica, incluya la historia, la perspectiva y la realidad de la diáspora que no da la espalda a sus orígenes ni olvida sus costumbres, sino que los hace convivir y los incorpora los de la nación que los acoge.

“A derradeira leición do mestre” está disponible para la visita al público en general, previa combinación de fecha con la institución, porque es el mejor modo de custodiar y velar por su seguridad, de conservar el patrimonio cultural con la referencia a su tiempo para acercarlo a las generaciones futuras con su valor intacto.

Centro Galicia de Buenos Aires

El Centro Galicia de Buenos Aires es una entidad civil sin fines de lucro surgida el 25 de julio de 1979 por la valiente decisión de un grupo de dirigentes que supo ver en la fusión de la Asociación Gallega de Buenos Aires (Centros Coruñés y Pontevedrés), el Centro Lucense y el Centro Orensano el futuro próspero que hoy transita. Es una entidad que nació con la consigna fundamental de unir los esfuerzos de la colectividad gallega en Argentina y sumar a un país que os acogió con los brazos abiertos y con el que crece a diario.

Con más de 9.000 socios, el Centro Galicia cuenta, en la Ciudad Autónoma de Buenos Aires, con un edificio de 14.000 metros cuadrados en el que funcionan la Galería de Arte Luis Seoane, un teatro con unas 300 butacas en la Sala Valle Inclán, la Biblioteca Rosalía de Castro abierta al público en general, un gimnasio con piscina y el colegio gallego del país austral, el Instituto Argentino-Gallego Santiago Apóstol, que imparte educación en gallego, castellano e inglés desde nivel inicial hasta Bachillerato a más de 500 alumnos, gestionado con la Xunta de Galicia a través de la Fundación Galicia América. También posee el Campo Galicia, un predio de diez hectáreas en la localidad de Olivos, en la Provincia de Buenos Aires. En ambas sedes, se realizan actividades culturales como clases de música y danzas gallegas, españolas y argentinas, distintas disciplinas deportivas y se celebran eventos sociales y culturales que son referencia tanto en la colectividad española del país como en la sociedad argentina.

Además de este cuadro de Castelao, el Centro Galicia de Buenos Aires posee una rica pinacoteca con firmas como Seoane, Laxeiro y Colmeiro, entre otros.