Visita do Presidente do Clube Deportivo Lugo

Micrófono aberto para lectores de Carlos Casares
13 mayo, 2017
Día das Letras Galegas en Bos Aires
17 mayo, 2017

Visita do Presidente do Clube Deportivo Lugo

O presidente do Clube Deportivo Lugo, Constantino Saques Pereira, realizou este martes unha visita ao Centro Galicia de Bos Aires. Acompañado polo Director Xerente da Fundación Feiras e Exposicións de Lugo, Rubén López, mantivo un encontro con membros da Xunta Directiva da entidade e coñeceu as instalacións da sede social do CGBA. Na xuntanza, analizáronse vías de cooperación entre ambas institucións, nomeadamente no eido formativo.