Consulta o Mapa de Fontán na Biblioteca Rosalía de Castro

MUNDO GALLEGO 158
5 abril, 2017
Nélida Piñón y María Rosa Lojo en el Centro Galicia de Buenos Aires
27 abril, 2017

Consulta o Mapa de Fontán na Biblioteca Rosalía de Castro

Domingo Fontán, ilustrado galego, matemático, político e xeógrafo, naceu un día coma hoxe, 17 de abril. É coñecido, fundamentalmente, por ser o autor do primeiro mapa topográfico e científico de Galicia. Trátase do primeiro mapa realizado con rigor científico en España e adiantouse tamén aos mapas oficiais doutros países europeos coa utilización da escala cenmilésima (1: 1 000 000). A súa impresión realizouse en 1845 en París. Dos poucos orixinais que se conservan Otero Pedrayo donou un deles ao Centro Gallego de Bos Aires, na súa primeira visita a América en 1947.
Podes consultar unha copia do mapa na biblioteca do Centro Galicia de Bos Aires. A Carta Xeométrica. Mapa de Galicia de Domingo Fontán con prólogo de Xosé Filgueira Valverde está disponible nunha edición facsimilar do orixinal de 1834 editado por Instituto de Cooperación Iberoamericana, impreso en Madrid en 1989.
Achégate á Biblioteca Rosalía de Castro do Centro Galicia de Bos Aires. Sede Social: Bartolomé Mitre, 2552, 3º andar.