Lecturas recomendadas para o Día da Muller

Lecturas de Entroido
2 marzo, 2017
Aysha somos todos
25 marzo, 2017

Lecturas recomendadas para o Día da Muller

O 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller Traballadora e por iso desde a Biblioteca Rosalía de Castro queremos contribuir a esta histórica data recomendando algúns libros que están á vosa disposición.

  

Mulleres e Independencia, de Carmen Blanco, un conxunto de ensaios sobre muller, sociedade e cultura. Libro dividido en tres apartados: “O mundo que queremos”, “A memoria que perdimos” e “As cousas que nos quedan”.

mulleres_e_independe

 

As mulleres nas cantigas medievais, de Esther Corral Díaz, un estudo filolóxico da presencia da muller nos textos literarios medievais.

cantigas medievais

 

Mulleres da emigración. Mujeres de la emigración, de Lois Pérez Leira en edición bilingüe galego-castelán, onde o autor nos conta brevemente a vida de 19 mulleres destacadas.

 

mulleres da emigracion

 

Paula Rego, catálogo de 300 páxinas da mostra no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía de Madrid en 2007, unha das pintoras máis salientables da escena internacional pola intensidade da súa obra e o seu modo de reflectir a condición humana desde a súa posición de muller, na que se manifesta sobre a dominación, a opresión e a violencia.

paula rego

 

Cuentos de Mujeres Europeas. Un conxunto de contos de escritoras europeas consideradas primeiras figuras nos seus países respectivos, traducidos ao castelán. Olladas que percorren o continente desde finais do século XIX e ao longo do XX propoñendo os dramas e as comedias do ser humano universal.

 

 mujereseuropeas (5)

 

Literatura feminina e feminista da segunda metade do século XIX. Antoloxía. Edición a cargo de María Pilar García Negro, Anxo Gómez Sánchez e Francisco Rodríguez Sánchez. Unha antoloxía de textos da literatura feminina e feminista producida en Galicia na segunda metade do século XIX.

 

literatura feminina e feminista

E, por suposto, non podía faltar o convite a coñecer a vida e a obra da artista Maruja Mallo a quen se dedica este ano o Día das Artes Galegas. Unha galega rebelde que tivo que exiliarse en América,  onde realizou unha extensa produción artística. Maruja Mallo sobre a exposición dedicada a ela no Museo Nacional de Bellas Artes de Bos Aires realizada no ano 1993 e Maruja Mallo. 59 grabados en negro y 9 láminas en color. 1928-1942, editado por Losada en Bos Aires en 1942 e no cal se reproducen textos da artista.

marujamallo2

 

Biblioteca Rosalía de Castro.

Centro Galicia de Bos Aires.

Sede Social: Bartolomé Mitre, 2552, 3º andar.

Horario de atención: de luns a venres de 16.30 a 20.00 horas